lipoescultura liposuccion cirugia estetica modelar silueta lipoescultura y liposuccion avanzada tecnologia estetica
Castellano Català English Euskera Galego
ESPAZO DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA

Tecnoloxía avanzada para modelar o corpo

As novas tecnoloxías que se empregan no campo da cirurxía estética, ademais de eliminar graxa antiestética, permiten atenuar a flaccidez da zona tratada.

A acumulación excesiva de graxa, localizada nunhas zonas determinadas do corpo, adoita provocar irregularidades (celulite) e desproporcións (papada, chichas, cartucheiras, etc.) que terminan por deformar a silueta. Cando estas afeccións non desaparecen con dietas ou exercicio físico nin con tratamentos cosméticos, estéticos ou médicos, recórrese á cirurxía estética.

As primeiras técnicas cirúrxicas empregadas para eliminar “a graxa que causa desagrado" eran procedementos rudimentarios que resultaban bastante traumáticos e, en moitos dos casos, non conseguían un resultado aceptable.

O método foi evolucionando co paso do tempo. Na actualidade, ademais de eliminar graxa antiestética, a tecnoloxía permite atenuar a flaccidez nunha sesión de pouco máis dunha hora. Estas técnicas evitan as incisións traumáticas, os puntos de sutura e as grandes cicatrices. Os procedementos practícanse habitualmente baixo anestesia local e non requiren hospitalización. Por norma xeral, pódese facer vida normal ao día seguinte da intervención.

Se fai clic sobre os botóns do menú superior, atopará información sobre estes procedementos de remodelación corporal avanzada: en que consisten, onde se realizan, que prezo teñen, etc.

Esperamos que lle resulte un espazo de consulta útil.

lipoescultura en twitter
  • Actualidade. Información facilitada en versión orixinal.